CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Entrada gratis para os valdeorreses e saque de honra da ‘avoa futbolera do CD Barco’ no partido do 27 de abril en Calabagueiros

Nese encontro do Barco contra o Pontevedra "B" gardarase un minuto de silencio en memoria de 'Juanín'

O partido de fútbol do vindeiro domingo 27 de abril en Calabagueiros será especialmente emotivo. Non só por ser o penúltimo da tempada en casa, diante da afección, senón porque será o primeiro tralo recente falececemento do directivo Juan Ramón Guntiñas “Juanín” por quen gardarán un minuto de silencio na súa honra, segundo o acordado en xunta directiva.

 

 

O CD Barco-Pontevedra CF “B” que comezará ás 17:30 horas será tamén un partido adicado “á Esperanza, unha verdadeira guerrillera das bancadas barquenses” que fará o saque de honra antes do partido, no que recibirá un agasallo por parte do club. “Este día haberá tamén entrada gratuíta para todos os valdeorreses”, adianta o presidente Nilo Ramos, recoñecendo que é unha pequena homenaxe “á  nosa avoa futbolera” que convida ao fúbtol a todos os barquenses.

 

Artigos relacionados

Back to top button