Eleccións municipais 2023PolíticaÚltima horaVídeos

Patricia Domínguez: “Nós temos un proxecto ilusionante, realista, serio e solvente para Trives”

A candidata socialista á alcaldía de Trives e actual rexedora presentaba, xunto ao resto da candidatura, o seu programa electoral esta tarde

 

Unha a unha, as persoas que compoñen a lista coa que o PSdeG-PSOE concorre ás vindeiras eleccións do 28 de maio ían subíndose ao escenario do Auditorio Julio Vázquez de Trives, presentándose e expoñendo os proxectos e iniciativas que compoñen o seu programa electoral. Así comezaba a presentación do programa electoral socialista para este municipio na tarde deste 19 de maio, no que se contaba coa presenza de Fernando González Laxe, ex presidente da Xunta de Galicia. Todas agás á cabeza de lista e actual alcaldesa, Patricia Domínguez, que interviña ao final do acto.

“No día de hoxe esta candidatura é o que se podía denominar como a forza tranquila, vai ser quen de ganar o 28 de maio de ganar por maioría absoluta, vai ser un día cheo de ledicia”, aseguraba González Laxe. E engadía que o “momento actual caracterízase porque case todos os partidos políticos tratan de polarizar a política, todos os discursos se estiran ata case os límites, incluso algún deles estanos superando día a día”, en cambio “todos os membros da candidatura cando subiron aí empezaron a expoñe proxectos non falaron do pasado, senón que están a falar do futuro e iso si que é importante para poder garantir que Trives ten futuro, progreso e ilusión e iso non é fácil de atopar noutras partes de Galicia”, e vaticinaba que os “catro concelleiros socialistas actuais pasarán a ser sete”.

 

 

Fernández Laxe tamén amosaba a súa forma de enteder a política, “a profesión máis nobre que hai e nas filas socialistas o noso compromiso é cada vez máis grande, e miramos cara adiante, non cara atrás”. E, “por iso nós temos que defender un xeito distinto de gobernar” e “nós estamos coa defensa de política social: coa defensa da democracia, coa xeración de emprego, defender a igualdade de oportunidades coa sanidade, a educación e a formación, e tamén as prestacións, os elementos de redistribución e de diminución das desigualdades. Son catro piares que defendemos e somos os únicos que presentamos este conxunto de obxectivos de presente e futuro e cando gobernamos o noso obxectivo foi ese”.

 

 

 

Tras el tomaba a palabra a cabeza de lista do PSdeG-PSOE e actual alcaldesa, Patricia Domínguez Barja, que cualificaba a presenza de Fernández Laxe en Trives como “un auténtico agasallo”. Ademais destacaba que hai 4 anos “comezamos un soño no que agardabamos de ningún xeito acadar a alcaldía, sacamos 4 concelleiros cando non había agrupación en Trives e iso foi grazas a moitos dos que estades hoxe aquí”. Tamén comentaba como foi a actual lexislatura, “na que pasamos tempos moi difíciles e duras”, entre eles o momento da pandemia, “nas que non se puido facer outra cousa que atender á poboación, as súas necesidades e estar ao seu carón”. E, “ademais, eliminamos a débeda co Concello, que está saneado e iso non se consegue sen traballo” e “logramos 3.000.000 de euros en subvencións”.

Así mesmo poñía en valor a entrada de Trives no Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, “nesta Semana Santa notouse o incremento de turismo, o mesmo vai suceder no verán, e hai moitas empresas interesadas en asentarse aquí”, dicía. En definitiva, neses catro anos “sentáaronse as bases dun cambio, tanto de forma como de fondo, no que mudamos a forma de facer política municipal”.

 

 

Aseguraba que “nós ofrecemos a unión dun equipo preparado, de xente cualificada, formada cada un no seu eido, na súa materia pero todos para aportar algo e por ese todo. Cada un dos que conformamos esta candidatura nos comprometidos dende o primeiro día que tivemos a reunión en traballar arreor por Trives e para Trives, a unión é intacta en todos nós, aquí hai amizade e, sobre todo, un compromiso con todos os triveses para cumprir e seguir traballando arreo con moita forza”.

 

 

Patricia Domínguez facía fincapé tamén en que “nós temos un proxecto ilusionante, realista, serio e solvente. O que vedes neste programa é o pacto que queremos selar con vós e para iso pedimos o voso compromiso, que nos apoiedes o día 28 para acadar unha maioría absoluta porque aquí hai só dúas opcións: ou goberna o PSOE e Trives ten un futuro de progreso, de rematar os proxectos iniciados, de comezar outros novos e transformar este pobo ou volver ao pasado”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button