A RúaConcellosÚltima hora

Pechada a compra do edificio que acollerá a delegación da Deputación de Ourense, na Rúa

O inmoble, de dous andares e soto, está situado na intersección entre as rúas Progreso -no número 45- e Benito Fernández

O presidente da Deputación Manuel Baltar e o alcalde da Rúa Álvaro Fernández estudan os planos da nova sede da Deputación en Valdeorras.

 

A Deputación de Ourense está ultimando a súa nova sede en Valdeorras, despois de pechar a comprar dun céntrico inmoble na Rúa, situado na intersección entre as rúas Progreso -no número 45- e Benito Fernández. O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co alcalde deste concello, Álvaro Fernández, para estudar os planos dun proxecto que suporá “seguir avanzando en proximidade cos veciños e reforzar a nosa eficacia administrativa”.

Manuel Baltar resalta a importancia de abrir esta sede en Valdeorras, asegurando que “será, sen dúbida, un útil punto de encontro e atención aos veciños e aos concellos de toda a comarca, así como un poderoso xeito de reforzar a alianza da Deputación cos colectivos sociais, empresariais e culturais”. Destaca tamén o “pulo que recibirán todos os procedementos administrativos da administración provincial, que será todavía máis áxil nas súas xestións recortando trámites e tempos, algo completamente fundamental para que os servizos públicos sigan gañando en calidade e en proximidade cos axentes públicos e privados”.

Pechada a compra do inmoble, de dous andares e soto, os técnicos da Deputación xa teñen perfilado o proxecto previo para a reforma, rehabilitación e deseño dos espazos interiores da nova sede. Os técnicos sinalan que a “ubicación, accesibilidade e entorno deste edificio son os axeitados para o seu uso administrativo”, cun deseño que dispón no interior varios espazos de traballo na planta baixa e nas outras dúas plantas, deixando para o soto unha zona de arquivo. “Un patio interior e o núcleo de servizos contecta todas as alturas favoreciendo a creación dun entorno laboral dinámico e innovador”, conclúen.

 

Artigos relacionados

Back to top button