ConcellosO BarcoÚltima hora

Pechadas ao tráfico por obras rúas das urbanizacións As Hortas e Cerámica (O Barco)

 

Está mañá de venres comezaba os traballos de asfaltado nas urbanizacións da Cerámica e As Hortas, no Barco, o que provocaba o peche ao tráfico das rúas afectadas polas obras.

Estes traballos afectarán a todas as rúas da urbanización As Hortas, e as rúas Petín, Larouco e O Bolo, na Cerámica. Por este motivo, as rúas quedarán pechadas desde primeira hora de mañá venres, e durante toda a fin de semana, ata que rematen os traballos de asfaltado, segundo informa o Concello do Barco.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button