ConcellosÚltima horaVídeos

Pepe e Manuela, 60 anos de matrimonio en O Burgo (Castro Caldelas)

Manuela e Pepe coa alacaldesa de Castro Caldelas.

 

Pepe e Manuela son unha parella de Castro Caldelas que leva toda a vida residindo no pobo de O Burgo, onde casaron durante as festas hai 60 anos e “ahí siguen moi felices”, di a alcaldesa Sara Inés Vega que no transcurso das festas deste ano sorprendía ao matrimonio cunha felicitación pública, xunto a veciños e familiares, entre eles a filla, o xenro e a súa neta Carmen que é o seu olliño dereito.

Emoción, ledicia e sorpresa fixeron emocionar á parella que tras 60 anos de feliz matrimonio feliz que culiminada a felicitación cun baile de pasodoble, que “é a música que máis lles gusta”, di a alcaldesa, asegurando que “recibiron a sorpresa con bágoas pero moi felices”.

 

 

Sara Inés asegura que “como alcaldesa foi unha honra poder sorprender a esta querida familia, traballadora e amiga. Ademáis, cada vez é máis difícil atopar parexas que leven tantos anos xuntos. E que mellor que desfrutar da festa cantando o ‘Cumpreanos feliz’ e sentindo a emoción de velos bailar, e moi ben bailado!. Porque Pepe e Manuela están fantásticos fisicamente e é unha delicia compartir a súa amizade. Noraboa Pepe e Manuela por eses 60 anos de felicidade compartida.

Forto e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button