AutomobilismoDeportesÚltima hora

Pepe López, gañador do 51 Rallye de Ferrol

O primeiro ourensán en cruzar a meta foi Javier Pardo, en sexta posición

Pepe López en Ferrol./ Foto: CERA.

 

Pepe López e Borja Rozada proclamábanse nesta tarde de 22 de agosto vencedores do 51 Rallye de Ferrol. Non llo poñían fácil José Antonio “Cohete” Suárez e Alberto Iglesias, pero finalmente sacáronlle 4,4 segundos de vantaxe. Iván Ares e David Vázquez completaban o podio quedando terceiros, a 48,4 segundos.

Así, o primeiro ourensán en cruzar a liña de meta foi Javier Pardo, en sexta posición e cun tempo de 1:20:30.4, a 51,3 segundos de Pepe López.

Desta forma, as posicións do Campionato Nacional serían, en primeiro lugar Pepe López con 76 puntos, o galego Iván Ares con 60 puntos, e Cohete Suárez con 57 puntos.

Clasificación do 51 Rallye de Ferrol:

1. López-Rozada (Citroën C3), 1:17:31.4
2. Suárez-Iglesias (Skoda Fabia), a 4.4
3. Ares-Vázquez (Hyundai i20), a 48.9
4. Senra-López (Skoda Fabia), a 1:25.1
5. Monarri-Chamorro (Citroën C3), a 2:07.7
6. Pardo-Pérez (Suzuki Swift R4LLY S), a 6:03.1

Artigos relacionados

Back to top button