Na noite deste xoves 15 de xuño tiña lugar no parque de San Lázaro a cerimonia de saída do 56 Rallye de Ourense que arrancará mañá pola mañá cun total de 67 coches na liña de saída.
E entre eses vehículos estará o mítico Ford Sierra Cosworth co que Juan Caros Villanueva ‘Marabú’ competirá no Galicia Historic, “un trofeo que fai que todos os coches da categoría de históricos, tanto na pre 81 pre 90 e a nova pre 2000, poidamos saír nun Rallye de Ourense en condicións co noso propio trofeo aínda que algún poida pelexar polos primeiros postos”, asegura Pepe Sampayo, xefe do parque de asistencia do Rallye de Ourense en Expourense, que neste 2023 regresa á competición como copiloto de Marabú, asegurando que “máis do 50% do rallye son estes coches preciosos e maravillosos, polo que haberá moito público esperando que pasen e algún esperando por nós, por suposto”, di, recoñecendo que despois de corenta anos sen correr, era unha asignatura que tiña pendente e que este ano aliñáronse os astros para facelo posible.
Con respecto á carreira en si, Sampayo asegura que todos os tramos están montados e pechados. “Hai un operativo de seguridade tremendo, máis que nunca xa que se trata dun rallye que a nivel organizativo e seguridade está a nivel dun mundial e dado que o tempo volveu ser o de Ourense, o calor será determinante no desenvolvemento da carreira”.
No que atinxe aos participantes e dada a ausencia de Pepe López “a loita polo será entre Cohete Suárez, Solans, Javier Pardo e Iván Ares. Entre os catro estará o podio desta edición do ROU”, pronostica Sampayo, recoñecendo que como parte organizativa esperan que Pardo recupere o liderato do Supercampionato que pedeu na última carreira por unha avaría. “Cremos e queremos que neste rallye brille con luz propia. Está en condicións de gañar o rallye e ser de novo líder”, sentencia.
Fotos: Carlos G. Hervella.