CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Peque-concerto de órgano na igrexa do Mosteiro de San Salvador de Celanova

 

Na mañá deste mércores 24 de agosto celebrábase no coro alto da igrexa do Mosteiro de San Salvador de Celanova, un peque-concerto, unha actividade musical cun componente máis didáctico sobre o órgano de tubos realizada pola organista local María José Mosquera Seoane.

Tras realizar breves explicación sobre como funciona este instrumento e as partes que o compoñen, contou á trintena de persoas asistentes moitas cousas que sorprenderon sobre cómo se toca ou o que agocha no seu interior cun repertorio preparado para un público infantil e xuvenil que incluiu clásicos como Bach ou Beethoven ata bandas sonoras de películas como Vaiana, Harry Potter ou Star Wars.

Esta actividade enmárcase na serie de propostas que a Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova están a realizar durante o mes de agosto para un público familiar como as visitas á Torre das Campás, ó mosteiro da man do monxe Rosendo ou as xincanas sobre Manuel Curros Enríquez dos sábados na Casa dos Poetas.

 

Peque-concerto de órgano no Mosteiro de San Salvador de Celanova.

Artigos relacionados

Back to top button