EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Percorrido de viño, música e románico polas denominacións ourensás

Este programa, promovido pola Fundación Vicente Risco, comezaba a finais de setembro en Valdeorras
Participantes no "Simposium Musical en Terras de Viño" realizado na D.O. Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.
Participantes no “Simposium Musical en Terras de Viño” realizado na D.O. Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

“Simposiums Musicais en Terras de Viño” é un programa que une o mundo do viño co da arte e que percorrerá as catro denominacións de orixe ourensás cun programa que inclúe, en cada viaxe, unha visita a un monumento emblemático, un concerto, unha cata de viño e un xantar, entre outras propostas.

O calendario abríase o 29 de agosto na D.O. Valdeorras. Alí os participantes coñecían a igrexa de San Miguel de Xagoaza (O Barco) e despois asistían a un concerto do Dúo Bolboreta na adega ruesa Joaquín Rebolledo. Xa en setembro, o programa achegarase o día 12 ata a Ribeira Sacra, pasando por San Paio de Abeleda e cunha cata en Ponte da Boga. Tamén se poderá escoitar ao Ensemble Hotteterre. O programa completarase en outubro con novas actividades na D.O. Ribeiro o día 3 e en Monterrei o 24 de outubro.

As inscricións poden realizarse unha semana antes de cada actividade no correo secretaria@fundacionvicenterisco.com ou en osorrisodedaniel@gmail.com.

Esta singular iniciativa está sendo organizada pola Fundación Vicente Risco en colaboración coa Asociación O Sorriso de Daniel e co patrocinio da Deputación de Ourense.

Máis información:
http://www.fundacionvicenterisco.com
http://osorrisodedaniel.blogspot.com.es

Artigos relacionados

Back to top button