Cita coa gastronomía e co viño no Castro (O Barco) o vindeiro 1 de xullo. A vila recibirá a multitude de persoas con motivo da celebración do XII Camiño das Covas. O seu programa manterá o esquema de anteriores edicións, pero con algunha novidade. Dende as sete da tarde o público poderá mercar a súa entrada no posto que acostuma instalarse na praza da localidade.
A entrada terá un prezo de 10 euros para os adultos e de 3 euros para os nenos. Xunto coa cunca, os participantes recibirán unha pulseira que os identificará no percorrido polas covas do Castro.
As covas pecharán en torno ás 23 h. e a festa trasladarase á praza, onde actuarán Los Correctos. Este XII Camiño das Covas será organizado pola Agrupación de Bodegueiros do Castro en colaboración co Concello do Barco.
Fotos: Mónica G. Bellver.