ConcellosGalerías de fotosPetínÚltima hora

Percorrido nocturno pola arte de MARCO Petín

 

Dende o venres e ata a noite de hoxe, as rúas do casco vello de Petín son unha galería de arte ao aire libre. En horario de 20 a 23 horas, os visitantes que nesta fin de semana se acheguen ata esta localidade valdeorresa, poderán desfrutar dun fermoso percorrido pola obra (pintura e escultura) de seis artistas da comarca.

Así, nesta III edición de MARCO Petín, participan Pedro Dobao; Roberto Álvarez, Orde Caos, Enrique Fdez. Prada ‘Enris’, e Xelo de Tremiñá. Tamén hai unhha gran selección da obra de Jesús Díaz Ferrer no 100 aniversario do seu nacemento (1922-2022).

Nado en Arnado (Vilamartín de Valdeorras), Pedro  Dobao presenta unha escolma da súas esculturas nas que segundo el mesmo explica, expresa senstimentos, ideas e emocións. “A arte non consiste en copiar a realidade ou representar o mundo que vemos ou palpamos, senón que consiste en representar ideas, o subconsciente, facer visibe o invisible, dar forma á realidade”, di o artista.

 

Nito, Xelo, David e Amancio diate de dúas obras de Jesús Díaz Ferrer en MARCO Petín.

 

Natural da Rúa e amante da natureza e a poesía, Roberto Álvarez traballa, sobre todo, con pintura acrílica e técnicas mixtas sobre papel, tendo paralelamente proxectos experimentais con outros medios de expresión.

Orde Caos (Vilamartín de Valdeorras) é un artista que fai de todo, e igual tatúa que esculpe, fai murais ou escribe. No campo do debuxo traballa sobre todo o hiperrealismo a bolii Bic; no óleo pasa dende o abstracto á figuración; nos murais achégase máis á pintura pop; e como escultor leva traballado en barro e en distintos tipos de pedra. En MARCO expón algunhas das súas obras ao longo de toda unha rúa, facendo en directo un mural que empezou o venres e rematará hoxe.

Enríque Fernández Prada, natural do Barco de Valdeorras, é un apaixoado da pintura, sentíndose especialmente atraído pola figura e o retrato xa que tal como el mesmo asegura, viu neles unha maneira de internarse nas persoas e nun mesmo. “Para min a arte é un medio de transmisión de ideas, que está estreitamente vinculado a aspectos emocionais, coceptuaiss ou estéticos”, di.

 

Carina e David, dous dos promotores e organizadores da mostra.

 

Con respecto a Xelo de Tremiñá (O Barco de Valdeorras), ten unha longa traxectoria no mundo da escultura. “Sentinela de formas, da realidade desfigurada polos sentimentos máis puros, evocadores doutras épocas, mestura a partes iguais, vocación e romanticismo, formación e maxia”, di del Javier Barbeito. En MARCO Petín pode verse unha pequenísima mostra do seu extenso traballo.

Jesús Díaz Ferrer que neste 2022 cumpriría 100 anos foi un pintor en cuxa obra o surrealismo late en dúas vertentes: unha vai cara a abstracción e outra cara o figurativo, un artista máxico que domina as formas precisas conformar un mundo virxe ante o espectador. Nesta mostra de arte comarcal, tamén se pode ver unha escolma da súa obra.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button