ConcellosO BarcoÚltima hora

Percorrido pola “memoria antifranquista de Valdeorras”, no Barco

 

Unha vintena de persoas participaba neste sábado 15 de outubro na “Ruta pola Memoria Antifranquista de Valdeorras”, promovida pola Comisión pola Recuperación da Memoria HIstórica (CRMH) da Coruña, en colaboración co Ateneo Republicano de Valdeorras.

Os participantes saían en autobús da Coruña ás 8:45h. e chegaban á praza do Concello do Barco arredor das 11:30h. Alí reuníanse cos membros do Ateneo Republicano Valdeorrés para iniciar unha ruta por lugares sinificativos da memoria dos asasinados polo franquismo”, comentaban dende a organización. A visita estaba guiada polo historiador Félix García Yáñez, co apoio do profesor Francisco Cobo Rodríguez.

 

O grupo en Soulecín./ Foto cedida.

A primeira parada realizábase na localidade barquense de Soulecín, onde se depositaban flores xunto á placa colocada no 2004 sobre a tumba na que xacen Domingo Rodríguez e Amalia López, un matrimonio fusilado en 1939. De aí desprazábanse ata o cemiterio municipal do Barco, onde visitaban tumbas como a do fotógrafo represaliado Manuel Blanco Pascual. Finalmente achegábanse ata a Casa do Río Cigüeño, en cuxo xardín está situada unha escultura de Cochorro en lembranza das persoas perseguidas durante a etapa franquista, neste lugar depositábanse caraveis en memoria destas persoas.

Despois do xantar estaba prevista unha visita á adega Alan do Val, na Rúa, con cata de viñose merenda de confraternización, logo iniciábase a viaxe de volta á Coruña.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button