CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Percorrido visual pola Paixón de Cristo escenificada en Rubiá na tarde do Venres Santo

 

Co interrogatorio e xuízo no que Xesús é condeado á morte na cruz iniciábase na tarde do 7 de abril, na praza da Baicela de Rubiá a escenificación da Paixón de Cristo. Despois viña o Viacrucis e as caídas, o encontro coa Verónica e a crucifixión e morte, co posterior traslado á sepultura ao carón da igrexa.

 

 

Unha fermosa representación dos últimos momentos da vida de Cristo, da man dun grupo de veciños de Rubiá e pobos da contorna, xunto ao seu párroco, Daniel Pérez Quintela, que foi seguido de preto por numerosas persoas.

 

 

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/os-vecinos-de-rubia-reviven-a-paixon-de-cristo-na-tarde-do-venres-santo/

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button