Tal como veñen facendo desde hai anos, na tarde desde Venres Santo os veciños de Rubiá coa colaboración de xente doutros concellos veciños, escenificaban a Paixón de Cristo, o acto máis representativo e multitudinario da Semana Santa en Rubiá e a primera parte dos cultos da xornada.
Dende a oración no Monte dos Olivos, o xuízo e a condea a morte, ata a cricifixión e o traslado ao Sepulcro. Paso a paso, o medio cento de actores percorreron boa parte da vila, representanto cada unha das estacións que levaron a Cristo coa cruz ás costas, polo camiño do Calvario. Dende a praza da Baicela e guiados polo párroco Daniel Pérez.
Máis imaxes no seguinte enlace: https://osil.info/percorrido-visual-pola-paixon-de-cristo-escenificada-en-rubia-na-tarde-do-venres-santo/
Fotos: Mónica G. Bellver.