Reuníanse na mañá do domingo 12 de xullo no río Sil ao seu paso polo Campiño de Viloira
Facer forza para “tratar de quitar o tramo do río dende A Ponte de San Fernando ata o Río Candís considerado dende hai dous anos como pesca sen morte” foi o motivo que levou a un grupo de pescadores amigos “da pesca libre” do Barco de Valdeorras, moitos deles da localidade de Éntoma, a reunirse na mañá do dominngo 12 de xullo no río Sil, ao seu paso polo Campiño de Viloira.
Os alí reunidos aseguraron que queren que os deixen pescar “como faciamos sempre, na mellor zona do río Sil, porque con esta prohibición están quitando toda a ilusión aos rapaces e á xente maior que non se pode desprazar para pescar noutras zonas”.