ConcellosCulturaCulturaEntroido 2024MúsicaPetínÚltima horaVídeos

Petín abre o Entroido co primeiro encontro de folións

 

Un total de cinco folións participaban na tarde-noite do venres 26 de xaneiro no encontro organizado polo Folión de Petín abrindo así oficialmente o tempo de Entroido.

En torno ás oito e media comezaba xunto ao Toural o percorrido polo casco vello da vila ao ritmo de dos bombos e aixadas que remataba na praza Doutor Quiroga.

 

 

Neste primeiro encontro participaban os anfitrións e tamén Os Viticultores de Vilamartín, o Folión do Tameirón, o de Carracedo da Serra e o Folión de Chandrexa de Queixa.

Hoxe a partir das catro da tarde será o turo para o encontro organizado polo Folión Os Arrieiros no que tocarán eles xunto á Caniceira de Trives, o Folión de Chandrexa de Queixa, o Folión de Buxán, As Maceiras de Trives, O Irrio de Caldelas e Os Labregos, tamén de Trives.

 

 

Fotos e vídeo: José Abuín.

Artigos relacionados

Back to top button