ConcellosGalerías de fotosPetínÚltima horaVídeos

Petín pon o broche á Semana Santa coa Procesión do Resucitado

 

Despois dunha semana de loito pasado por auga, nas que se reviviu a paixón e morte de Cristo, no mediodía deste soleado e luminoso Domingo de Pascua, 31 de marzo, celebrábase un dos momentos máis esperados polos devotos: o encontro entre a Virxe e o seu fillo, resucitado.

 

 

Na parroquia de Petín, onde se suspendía a Procesión do Silencio na noite do Venres Santo, o acto tiña lugar á entrada da praza Doutor Quiroga ás 12:45h. A imaxe da Dolorosa, á ombros das mulleres, chegaba ao encontro co seu fillo levado a ombros polos homes, mudando o mando negro de loito por un vemello e dourado. E xuntos, regresaban á igrexa parroquial seguidos polos fegreses para asistir á misa de Resurrección.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button