ConcellosGalerías de fotosPetínÚltima horaVídeos

Petín vibra ao son de bombos e aixadas na xuntanza de folións dos Arrieiros

 

Na soleada e luminosa tarde deste sábado 4 de febreiro e tal como estaba previsto, Petín acollía a segunda xuntanza de folións, organizada nesta ocasión polos Arrieiros.

O desfile partía en torno ás catro da tarde diante do Concello e tras percorrer parte do casco vello da vila remataba na praza Doutor Quiroga. Os primeiros en saír eran os anfitrións, o Folión Os Arrieiros de Petín, e detrás ían A Caniceira de Trives, o Folión de Chandrexa de Queixa, Os Viticultores de Vilamartín, o Folión de Buxán coas súas Mázcaras e mesmo un touro, o Folión As Maceiras de Trives, O Irrio de Caldelas e por último Os Labregos, tamén de Trives, que terán o seu propio encontro o vindeiro domingo 12 de febreiro.

Tralo desfile, todos os participantes degustaban uns pinchos por xentileza da organización.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button