ConcellosO BoloÚltima hora

Piden que se cambie a parada do transporte escolar en Cambela (O Bolo)

Lugar onde está parando o autobús escolar agora en Cambela (O Bolo).

 

A parada do autobús escolar en Cambela (O Bolo) sempre se fixo na rúa Currelada, no medio do pobo, pero iso cambiou cando se iniciou este curso, segundo contan os familiares dos alumnos. Agora os 2 escolares (de 3 e 11 anos) que hai na localidade teñen que ser trasladados en coche ata o cruce de Chao do Castro, na estrada, a uns 400 m da anterior parada.

“Nós pedimos que recollan aos nenos onde os recolleron toda a vida, que nunca houbo problemas aí”, comentan os familiares, que xa comunicaron no Concello do Bolo esta situación, “e dende alí fíxose unha petición á administración, pero a situación segue igual, non nos deron solución ningunha por agora”.

Os familiares dos cativos destacan que, ademais de ter que levalos ata alí, o lugar onde está parando agora o bus é perigoso dende o punto de vista da seguridade viaria e non ten marquesiña. Tamén din que no caso de que tras as vacacións escolares de Nadal a situación siga igual, “os nenos deixaran de ir ao colexio automaticamente”.

Fotos cedidas.

 

Zona de Cambela onde paraba antes o autobús escolar.

Artigos relacionados

Back to top button