
Na Portela (Larouco-Petín) comezaron xa coa conta atrás para as Festas A Rabiosa na honra a San Vitoiro que se estenderán do 26 ao 29 de agosto.
Organizadas coma sempre pola Asociación A Rabiosa, comezarán o luns día 26 como cada ano pensando nos nenos con colchonetas de agua e ata un canón de escuma; e xa cara a noitiña a III Cena popular a cargo de Mantesil cun menú a base de empanada, costela de tenreira con patacas, postre, auga e viño, café e chupitos. O remate será a cargo de Danzalia. O prezo das entradas é de 22 euros adulto e de 15 para nenos e poden conseguirse na propia asociación, en Carnicería Nogueira e Bar 4 (A Rúa) e no Bar Patricia (Larouco).

Ao día seguinte, martes 27 de agosto, haberá pasarrúas da charanga Achicoria; misa e procesión; campionato de tute (17h.); e baile e verbena coa orquestra Finisterre.
Para o mércores 28 de agosto está previsto un campionato de rá (17h.) e a actuación estelar das festas, o concerto da cantante galega Pili Pampín acompañada polo Trío La Noche. E xa para o xoves día 29 está programado baile en sesión de tarde e verbena cun dj.



