ConcellosLaroucoÚltima hora

Pinchos e música para celebrar a festa de Santa Lucía, en Larouco

 

Na tarde-noite deste sábado 10 de decembro a Asociación Elena Morana, dirixida por un grupo de mulleres de Larouco, organizaban un acto festivo na rúa para celebrar Santa Lucía (o día non é ata o martes pero adiantábanse ata a fin de semana).

 

 

Na zona dos bares da vila, baixo unha carpa instalada para a ocasión, os veciños do pobo eran convidados a pinchos de empanada, pizza e sopas de allo ben quentiñas. E como en toda celebración que se precie non podía faltar a música e a animación que correron a cargo de A Boa Festa.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button