ConcellosParada de SilÚltima hora

Pintura recreada en punto de cruz nunha mostra en Parada de Sil

Trátase da exposición "Punto de Cruz", formada por cadros de Aurora del Pilar Sánchez

 

Ata o mes de agosto poderá visitarse no salón de plenos do Concello de Parada de Sil unha singular exposición de “Punto de Cruz”, que vén de abrir as súas portas na pasada fin de semana. Está formada por cadros de Aurora del Pilar Sánchez González. Nese mesmo espazo poderá desfrutarse dunha escolma das mellores fotografías do concurso Rosa Pons.

A autora, Aurora del Pilar, “é unha muller nacida en Parada de Sil e que ten esa afección que todos descoñeciamos dende nena, cando a súa nai Pilar lle ensinou a facer o punto de cruz. Comenta que adica a isto dúas ou tres horas diarias e que cada cadro ten un mes de traballo aproximadamente e o que a motiva é o relaxamento mental que supón e a ilusión que lle fará a persoa para a que o fai”, destacan dende o Concello.

 

 

A temática, di o alcalde Aquilino Domínguez, é moi variada dende réplicas de cadros famosos de Klimt ou Rafael ata iconos bizantinos, pasando por unha ampla gama de paisaxes. A exposición está organizada pola Asociación Cultural Ouro do Sil e polo Concello de Parada de Sil. O horario de visita é o da oficina de turismo que se pode consultar na web.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button