OurenseSen categorizarÚltima hora

A pista anexa do Pavillón dos Remedios estará lista o 10 de febreiro

Jesús Vázquez e o concelleiro de Deportes, Mario Guede, visitaron esta mañá os avances dos traballos feitos

As obras da pista anexa ao pavillón dos Remedos levan xa varios meses en marcha. Esta mañá, os responsables municipais, entre os que estaba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Deportes, Mario Guede. O rexedor municipal anunciou que devanditos traballos estarán finalizados “o vindeiro 10 de febreiro”. Vázquez sinalou que estas obras son “unha grande demanda de moitos colectivos e usuarios das instalacións”. Estas melloras consisten en dotar á pista dun novo chan de pavimento “elastiflex, que pode absorber até o 68% dos impactos que se producen ao pisalo.

Estas obras son unha actuación, sinalan dende o Consistorio ourensán, sobre un total de 1.500 metros cadrados de superficie e, nestes momentos, o único que queda é que se pinten as paredes da pista anexa. A isto hai que engadir unha banca totalmente automatizada que acollerá ata un máximo de 240 persoas. O investimento realizado é de 230.000 euros, achegados nunha porcentaxe do 90% da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

A obra complétase coa instalación dun sistema de calefacción a través de “aerotermos” conectados á rede de calefacción que permiten quecer o aire, facendo máis confortable a estancia na instalación; a limpeza da cuberta e de corredores de acceso; e a instalación dun novo sistema de luminarias LED que melloran a intensidade luminosa e reducen un consumo enerxético “nun 55% e teñen unha vida útil cinco veces maior ás que estaban antes”, informan fontes municipais.

Artigos relacionados

Back to top button