En portadaÚltima hora

A Plataforma Sanitaria de Valdeorras insiste en pedir a retirada do anteproxecto de reforma da Lei de Saúde

Emitía na tarde do 24 de agosto un novo comunidado tras a xuntanza informativa do conselleiro de Sanidade con alcaldes e concelleiros da Área Sanitaria do Barco
Comisión de traballo da Plataforma Sanitaria de Valdeorras.

Mateñen as súas posturas. Despois da reunión informativa que se celebraba o 23 de agosto en Santiago e na que a Consellería de Sanidade convocaba a alcaldes e concelleiros da Área Sanitaria do Barco para abordar o anteproxecto que reforma a Lei de Saúde de Galicia, a Plataforma Sanitaria de Valdeorras vén de emitir un día despois, na tarde do 24 de agosto, un novo comunicado no que aseguran que “o contido e desenvolvemento” desa reunión “nada cambia con respecto ao documento do anteproxecto de Lei exposto no portal de transparencia.

“O grupo de traballo da Plataforma Sanitaria mantense dentro dos termos adoptados na asemblea realizada o 16 de agosto ata a realizaciaón dunha nova asemblea no mes de setembro”, sinalan na nota emitida. Tamén indican que “cremos que a vontade de diálogo pasa por reorientar o proceso de discusión nunha lei que por moi administrativo que parezan os seus cambios e de palabra se nos asegure que nada cambiara en relación a la calidad de la atención sanitaria de las comarcas que conforman el Área sanitaria de Valdeorras, percibimos que non será así e isto unido ao que será un desmantelamento dos niveis de participación ciudadá e sindical quedando integrados a nivel Provincial coa representación porcentual correspondente, insuficiente para defender as peculiaridades da Área Sanitaria de Valdeorras”.

Polo tanto seguen mantendo a “defensa da mobilización cidadá” para conseguir obxectivos como a retirada do anteproxecto de lei de modificación da Lei 8/2008 do 10 de xullo de saúde de Galicia, desenvolver e dotar de orzamento da actual lei de saúde, así como a formación dun grupo de traballo para que “elabore un informe de conclusións que será de acceso público e que proporá as posibles melloras normativas no sistema sanitario galego, de ser precisas”.

No comunicado tamén se convocan concentracións (coa xunta de persoal do Hospital Comarcal Valdeorras) fronte a este centro hospitalario do Barco de 12h. a 12:30h. cada mércores. A primeira delas está prevista para o día 30 de agosto.

Artigos relacionados

Back to top button