ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Pleno no Barco para o sorteo dos membros das mesas electorais do 28 de abril

O municipio contará cun total de 18 mesas electorais, mantendo a cifra de anteriores comicios

A Corporación barquense reuníase na mañá do 2 de abril nun pleno extraordinario cun único punto na orde do día: a designación por sorteo dos membros das mesas electorais para as eleccións xerais do vindeiro 28 de abril.

A sesión estivo presidida polo primeiro tentente de alcalde do Barco, Aurentino Alonso, quen daba lectura aos nomes das persoas seleccionadas no sorteo. En total O Barco terá 18 mesas electorais nestes comicios, situadas no Teatro Lauro Olmo, no edificio de usos múltiples, na gardería municipal, na escola de Éntoma, na escola de Vilanova, na escola de Veigamuíños, no CEIP Julio Gurriarán, na Casa do Río Cigüeño, na Biblioteca municipal, no IES Martaguisela, no Concello do Barco e no CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira.

No sorteo saían os nomes dos tres membros da mesa, máis os de dous suplentes por cada un deles, é dicir por cada mesa un total de nove persoas.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button