A Corporación barquense reuníase na mañá deste 2 de maio nun pleno extraordinario cun único punto na orde do día: a designación por sorteo dos membros das mesas electorais para as eleccións xerais do vindeiro 28 de maio.
A sesión estivo presidida polo alcalde do Barco, Afredo García, quen daba lectura aos nomes das persoas seleccionadas no sorteo realizado a través dunha aplicación web do INE. En total O Barco terá 18 mesas electorais nestes comicios, situadas no Teatro Lauro Olmo, no edificio de usos múltiples, na gardería municipal, na escola de Éntoma, na escola de Vilanova, na escola de Veigamuíños, no CEIP Julio Gurriarán, na Casa do Río Cigüeño, na Biblioteca municipal, no IES Martaguisela, na Praza de Abastos e no CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira.
No sorteo saían os nomes dos tres membros da mesa, máis os de dous suplentes por cada un deles e outras doce persoas, para, se fose necesario, poder substituír a esas persoas.
Fotos: A.R.