En portadaÚltima hora

Poderase pedir e servir en barra, non haberá limitación de aforo en terrazas e volve o ocio nocturno

O presidente da Xunta daba conta das novas medidas da desescalada que se aplicarán a partir das 00h. do sábado e que se acordaban na reunión celebrada onte polo Comité Clínico

O presidente da Xunta, Alberto Núñez, durante a súa intervención.

 

Continúa o avance cara unha certa normalidade. Así o anunciaba esta mañá o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez, na rolda de prensa na que daba conta das medidas aprobadas na reunión celebrada onte polo Comité Clínico que segue a pandemia do Covid19 en Galicia.

A primeira novidade que avanzaba Feijóo era a revisión do marco de aforos, coa entrada en vigor o sábado ás 00h. dunha nova norma (que sairá publicada o venres no DOG) que modifica a porcentaxe de ocupación de locais ou de actividades en Galicia. Así increméntase do 50 ao 75% o aforo en lugares de culto, museos, arquivos, acuarios, igresias e zoolóxicos; aumentan de 25 a 50 persoas o número máximo de asistentes a un enterro; e reábrense as áreas de ocio infantil dos centros comerciais.

Ademais os aforos pasan do 75 ao 100% nas terrazas (no interior dos bares e cafeterías manterase ao 50% ) sempre que as mesas cumpran a distancia de seguridade dun metro e medio, tamén se permite pedir e servir nas barras, “pero non consumir”, matizaba Feijóo, indicando tamén que “a partir 1 de xullo reabre o ocio nocturno, sempre dacordo cos protocolos de saúde pública. É a primeira vez en moitos meses que non quedará unha actividade totalmente pechada na comundiade autónoma”.

Estas medidas non se poderían aplicar no caso de os concellos estean en nivel máximo de restricións, algo que non sucede agora mesmo en ningún concello galego.

O presidente aseguraba que estas medidas se toman porque “os datos acreditan que estamos nunha situación de estabilidade e de pandemia controlada, con practicamente toda Galicia nun nivel medio baixo, o 98% dos galegos vivimos en municipios cunha situación pandémica de nivel medio baixo, con só 5 concellos en nivel medio de restricións, e o resto sen restricións”.

Ademais, lembraba que “seguimos avanzando na vacinación, somos a comunidade autónoma con máis porcentaxe de poboación inmunizada de España, rozando o 43%, e o 61% dos galegos xa teñen administrada unha dose, pero, de todas maneiras debemos seguir alerta”.

Máscara en exteriores

Ese avance cara unha nova normalidade tamén inclúe “diminuír o uso da máscara en exteriores”. Deste xeito, Feijóo sinalaba que a proposta aprobada polo Comité Clínico neste senso supón “unha retirada da máscara de forma ordenada nos exteriores da comunidade a partir do próximo sábado ás 00h., é unha medida lóxica, responsable, proporcional e que entra dentro dos protocolos de países do noso entorno. A nosa proposta, dacordo co calendario no que vimos traballando dende hai semanas é eliminar a obrigatoriedade da máscara no exterior salvo cando non se poida garantir a distancia de 1,5 m. No interior máscara e distancia e no exterior máscara ou distancia, e con ese plantexamento podemos ordenar a nosa vida e a nosa conduta comprometida e seria tanto coa nosa saúde persoal como colectiva. Nesta norma xeral haberá matices rexida pola normativa e tampouco será obrigatoria no caso de conviventes”.

Nesta liña, salientou que os eventos e actividades que teñen regulación propia, como concertos ou eventos deportivos, seguirán a rexerse pola súa propia normativa. E, non será obrigatoria no caso de conviventes, aínda que non haxa distancia.

Logo de precisar que a máscara seguirá tamén a ser obrigatoria no exterior en aqueles concellos en nivel máximo, onde a incidencia supera os 500 casos a 14 días, Feijóo insistiu en que teremos que levala sempre con nós, aínda que non estea posta en todo momento.

O presidente da Xunta aproveitou a súa intervención para apelar novamente á responsabilidade e á cautela, facendo especial fincapé nas persoas que aínda non están vacinadas coa segunda dose e nos máis mozos.

 

Artigos relacionados

Back to top button