
A sección de orientación do Club Peña Trevinca-Barco segue de noraboa. Na xornada do sábado 17 de outubro un dos seus membros, Raúl Nogueira Gómez, lograba en Viseu (Portugal) a 3ª posición na categoría Homes +14, na proba de Distancia Media do campionato ibérico masculino 2015 “que se distingue pola súa dificultade técnica”, explican dende a Federación Galega de Orientacion de Ourense.

A proba de orientación, desputada en S. Pedro do Sul, contou con tres etapas (de media distancia, sprint e longa distancia) e ademais de dar a coñecer aos mellores atletas ibéricos masculinos, foi valedeiro para as copas nacionais de España e Portugal.Paralelamente á competición houbo rutas abertas para todo aquel que quixo coñecer este deporte, gañar máis experiencia ou simplemente disfrutar dunha fin de semana diferente.
Ademais de Raúl, outros catro membros do Club Peña Trevinca-Barco participaron na carreira sprint.