CulturaCulturaGalerías de fotosSen categorizar

Poesía e música no 28º Encontro de Poetas

Uns sesenta poetas dábanse cita na xuntanza celebrada na Rúa

Adicado á figura de Antonio Machado no 75 aniversario do seu pasamento, o Encontro de Poetas do IEV celebraba na Rúa a súa 28ª edición.

Coma sempre foron uns 60 poetas os que se deron cita, nesta ocasión no salón de actos do colexio Virxe de Fátima. Moitas caras coñecidas e tamén algunha nova incorporación do Bierzo, Vigo e da Rúa. Tal foi o caso de Xosé Anxo Pérez Argibay e Isauro Martínez Cairo que por primeira vez recitaba os seus poemas en público.

O apartado musical correría por conta da cantautores Esther e Jaime Correa. Este último presentaba o seu último disco “Peregrino” con temas entre os que se atopa “Decir Galicia” con letra de Mª Carmen Gago, coordinadora do encontro xunto a Emilio Vega.
A propia Mª Carmen acompañaba a Jaime no micrófono ante os aplausos do público.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button