CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

Póñense en marcha as XXI Xornadas Educación-Empresa no IES Lauro Olmo do Barco

Dende hoxe sucederanse as conferencias e obradoiros en torno aos diferentes ciclos

 

No mediodía deste luns 6 de febreiro arrancaba a XXI edición das Xornadas Educación-Empresa do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. Unhas xornadas que se estenderá case ata finais de mes e que eran inauguradas polo vicedirector do centro, Eladio Santos que acudía en representación da directora Amparo Quiroga que non podía asistir por motivos pesoais, e polo tenente de alcalde do Barco, Aurentino Alonso, que o facía en representación do Concello (o alcalde tampouco podía asistir).

A primeira, exposta esta mañá tralo acto inaugural, corría a cargo da directora de Nortempo Sofía Liste, especialista en Recursos Humanos, que falou aos presentes das “claves na entrevista de traballo”. A partires de aí, xa específicas para cada ciclo, sucederanse as charlas sobre o ámbito sanitario, sobre novas tecnoloxías, electricidade ou automoción, algunhas impartidas por exalumnos do centro.

 

 

Ámbolos dous son docentes e por iso animaron aos alumnos asistentes ao acto celebrado no Salón de Actos, a asistir ás diferentes charlas e obradoiros que se levarán a cabo durante esta semana e tamén en datas concretas ata o 24 de febreiro cando terá lugar a última ponencia.

Programa 2023

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button