CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Ponse en marcha en Verín unha acción de concienciación sobre a hixiene fronte ao Covid para escolares

Copatrocinada polo Concello, está dirixida o alumnado de ESO, Bacharelato e FP dos centros públicos, concertados ou privados do municipio que se queiran acoller

 

Que o alumnado obteña conciencia plena da importancia da hixiene persoal (boca, nariz e mans) na transmisión das doenzas infecto-contaxiosas; e que comprendan e integren no seu día a día as medidas de protección establecidas polas autoridades sanitarias e civís. É o dobre obxectivo da acción de concienciación sobre a hixiene fronte ao Covid-19 para o alumnado de ESO, Bacharelato e FP dos centros públicos, concertados ou privados do municipio que se queiran acoller, copatrocinada polo Concello de Verín.

Con metodoloxías pedagóxicas innovadoras, esta acción tratará de reforzar a conciencia da importancia da hixiene persoal na prevención fronte á transmisión de enfermidades infecto-contaxiosas, como a COVID-19. A través da participación en diversos experimentos, o alumnado formaranse no coñecemento do mundo microscópico e no funcionamento do sistema inmunolóxico, e verán en acción ao xabón e a outros desinfectantes de acción viricida. Tamén, servirá para que coñezan as dúas hipóteses máis salientábeis sobre a orixe da COVID-19 ou como se fai un test de anticorpos, a través dun experimento de cromatografía caseira con alcol e rotuladores.

A acción desenvolveraa, en cada unha das aulas dos centros que participen, Fátima Fernández, experta en educación en saúde, licenciada en Farmacia, Enxeñeira Técnica Agrícola, Máster en Saúde Internacional de Cooperación e Máster en Profesorado de ESO e Bacharelato.

Artigos relacionados

Back to top button