CulturaCulturaÚltima hora

Ponse en marcha unha nova edición do Club de Lectura en Trives

Imaxe da pasada edición do Club de Lectura de Trives./ Foto: Concello de Trives.

Tras a boa acollida da pasada edición, dende a Biblioteca Pública Municipal de Trives organizaranse unhas novas xornadas de lectura para as mañás dos mércores dos meses de xullo e agosto. O mércores 4 de xullo será o día no que o Club de Lectura trivés se poña en marcha neste verán 2018.

Os participantes nesta iniciativa cultural reuniranse compartindo unha amena e agradable xornada matutina polas diferentes terrazas da vila, mentres disfrutan da lectura.

Para anotarse e para máis información, pode contactarse coa Biblioteca Pública Municipal de Trives (988 33 09 67).

Artigos relacionados

Back to top button