
Segundo vén de facer público o deputado do PP no Parlamento galego, Moisés Blanco, os orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro exercicio do 2018 contemplarán unha partida duns 520.000 euros para actuacións no Hospital Comarcal Valdeorras. “Este investimento destinarase, entre outras actuacións, á mellora da zona de consultas externas, do hospital de día, da cirurxía maior ambulatoria ou na creación de novas zonas de traballo na área de farmacia”, segundo o parlamentario, quen lembra que isto xa o anunciara o propio presidente da Xunta de Galicia no recente Debate sobre o Estado da Autonomía.
Blanco sinala que isto é “unha mostra máis da aposta do Goberno galego polos hospitais comarcais e a mellora da atención sanitaria que reciben todos os veciños desta comarca” e “respalda a política sanitaria da Xunta de achegar e mellorar a atención sanitaria a todos os galegos”.