SanidadeÚltima hora

“Por Galicia circula a variante británica e hai certa incursión da brasileira e da sudafricana”

Así o vén de indicar en rolda de prensa a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán

Foto: Mónica G. Bellver.

 

A situación en Galicia das novas variantes do coronavirus era un dos asuntos dos que se falaba na rolda de prensa celebrada esta mañá, tras a reunión celebrada polo Comité Clínico de onte. Nese senso, a directora de Saúde Pública, Carmen Durán, indicaba que “coa secuenciación completa temos 240 casos confirmados da variante británica e tamén temos notificacións da variante sudafricana, concretamente hai 24 casos, 9 dos cales xa foron senotipados, é dicir, xa tiveron secuenciación completa e 15 que están soamente informados, pendentes de confirmación porque presentan un patrón que pode ser compatible con esta variante”.

Ademais Carmen Durán indicaba que “nos notificaron 1 caso da variante P2 de Brasil, que non é a variante máis común que todos coñecemos como a brasileira, que é a P1, esta P2 é unha variante nova. E hai tamén notificados 18 casos da variante brasileira. Ademais temos outros 24 casos máis en estudo para confirmar tanto variante sudafricana como variante brasileira”.

Así mesmo, aseguraba a directora xeral de Saúde Pública que é “evidente que en Galicia está circulando a variante británica e que tamén xa hai certa incursión da variante tanto brasileira como sudafricana”. Aínda así, trasladaba unha mensaxe de tranquilidade “ante este panorama. As medidas que sempre dicimos dende o Comité Clínico e dende Saúde Pública valen tamén para estas variantes. Se seguimos poñendo a mascarilla, se continuamos mantendo a distancia de seguridade e unha boa hixiene de man e intentamos ter a menor interacción social posible, válenos para previr a enfermidade do Covid”.

 

Artigos relacionados

Back to top button