DeportesPiraguismoÚltima hora

Por segundo ano consecutivo, non haberá Descenso do Sil

Así o anunciaba esta tarde o concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso

Imaxe dunha edición anterior do Descenso do Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Malia que formaba parte do calendario galego de regatas de ríos de 2021, finalmente o Concello do Barco vén de anunciar que no se vai celebrar o Descenso do Sil. A decisión definitiva tomábase na Comisión de Deportes municipal celebrada este mediodía, tal e como confirmaba o concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso.

O motivo de suspender, por segundo ano consecutivo esta proba de piragüismo, é a actual situación sanitaria derivada do Covid-19. “Polas peculiaridades deste proba, a nivel de seguridade non podemos garantir que se cumpran todas as medidas sanitarias, por iso consideramos que o máis prudente é non celebralo este ano”, explica Aurentino Alonso.

 

Artigos relacionados

Back to top button