ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Portela celebra a “Romería da Madre Auga”

Os veciños desta localidade vilamartinesa reuníanse o 16 de agosto na zona onde se toma a auga para o regadío

Por segundo ano consecutivo os veciños de Portela (Vilamartín) congregábanse no mediodía do 16 de agosto na zona onde collen a auga para o regadío do pobo co fin de celebrar a “Romería da Madre Auga”. Alí preparaban tres paellas xigantes das que desfrutaban de seguido nun xantar que tamén incluía no seu menú empanada, bica e, como broche, chupitos. Nesta cita participaban unhas 150 persoas.

Ademais esta romería tiña como marco a celebración das festas de Portela, na honra da Asunción. O seu programa incluía, entre outras propostas, teatro da man de Gabriel Prada que poñía en escea a obra “Quimera” o 14 de agosto, día no que tamén actuaba o grupo rues Blue Star Band.

Ao día seguinte, 15 de agosto, tiña lugar a procesión na honra da Asunción, que estivo acompañada polo son do grupo Abertal da Rúa. Pola tarde seguía a música, desta volta coa charanga Brisas do Sil, mentres que a verbena estivo amenizada pola orquestra Sol de España. Estes actos foron promovidos pola Asociación de Veciños San Xulián de Portela.

Fotos cedidas pola Asociación de Veciños San Xulián de Portela

Artigos relacionados

Back to top button