ConcellosÚltima horaVilamartín

Portela (Vilamartín) recupera este ano as festas co apoio de Estrella Galicia

Imaxe de arquivo dunha romaría en Portela.

 

Logo de tres anos de parón, esta fin de semana volven celebrarse as festas da Portela de San Xulián, en Vilamartín de Valdeorras. E fano co apoio de Estrella Galicia, que incluíu estes festexos no seu proxecto de revitalización das tradicionais verbenas.

Trátase da terceira celebración local que conta co respaldo da cervexeira este verán, nunha iniciativa que ten como obxectivo evitar a desaparición destas festas, así como volvelas colocar como un dos elementos destacados e característicos do verán galego. En xuño, a marca xa apoiou a romaría de Lobeira, mentres que en xullo foi a quenda de Vilachán. Agora tócalle o turno á verbena da Portela de San Xulián cun cartel de actividades moi variado.

 

A presentadora e humorista Marta Doviro actuará en Portela.

 

Así, o vindeiro sábado 13 de agosto celebrarase a tradicional romaría e comida no monte co acompañamento dos gaiteiros Airiños de Portela. A continuación, a presentadora Marta Doviro, premiada ata en tres ocasiones co galardón de “Mellor Comunicadora”, ofrecerá un monólogo humorístico, e a festa acabará ao ritmo da orquestra coruñesa A Favorita.

 

Brindando con Estrella Galicia.

 

Ana, da asociación de A Portela de San Xulián asegura que “aínda non cremos que Estrela Galicia nos seleccionara para recuperar a nosa verbena, que perdemos en 2019 e este ano tiñamos moitas dificultades para poder festexar. Está todo ou pobo moi, moi agradecido”.

 

Imaxe promocional A Nosa Verbena, proxecto de Estrella Galicia.

 

As verbenas están no corazón de Galicia, motivo polo cal a marca sempre estivo presente en diferentes festas populares durante os últimos anos. Agora, despois dunha pandemia que forzou un obrigado parón de dous anos nestas celebracións, Estrella Galicia quere non só dar o seu apoio, senón dotalas dunha personalidade propia e, o máis importante, recuperalas para o goce da súa xente. Desta forma, a cervexeira subliña e complementa o seu apoio ao rural galego, que se materializou en diversas iniciativas de carácter socioeconómico postas en marcha durante os últimos tempos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button