ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Pregón de Semana Santa no templo da Veracruz, no Carballiño

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, foi o encargado

A Semana Santa do Carballiño quenta motores. O programa deseñado pola Cofradía da Veracruz comezou o sábado, 10 de marzo, coa inauguración da exposición “A Paixón según Playmobil 2.0” e o ciclo de conferencias sobre historia e arte, que o sábado 17 de marzo, clausuraba o historiador e museólogo carballiñés Felipe Senén, falando sobre “O culto ás Reliquias no Antigo Reino Galaicoleonés”.

E xa na mañá do domingo día 18, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, era o encargado de pronunciar o pregón. O acto tiña lugar durante a misa das 12 no templo da Veracruz harmonizado musicalmente pola coral Orfeón do Carballiño tamén actuou durante a eucaristía.

A partires do venres 23 de marzo, co traslado da Virxe das Dores dende a vella igrexa parroquial ata o templo da Veracruz, sucederanse as procesións, que este ano ampliaranse a cinco.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button