EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Pregón de Xosé Antonio Touriñan e entrega de premios da cata oficial, na XLIII Feira do Viño de Amandi (Sober)

O Concello homenaxeado nesta edición da mostra era o de Quiroga, representado polo seu alcalde, Julio Álvarez

 

O humorista e actor Xosé Antonio Touriñán pronunciaba este mediodía o pregón da XLIII Feira do Viño de Amandi, en Sober. Tras unha intervención cargada de retranca e humor, Touriñán recibía a ovación das centos de persoas que hoxe se daban cita na localidade lucense que hoxe celebraba o día grande desta mostra vitivinícola.

Ademais, nesta mañá tamén se daban a coñecer e se entregan os galardóns dos viños premiados na cata oficial da feira. Nesta edición os premios recaían en:

Categoría de Tintos:
Val da Lenda
Regina Viarum
Don Xoán Gullufre

Categoría barrica: Don Bernardino. 4ª Generación.

Categoría de brancos:
Don Bernardino.
Categoría de rosados:
Regina Viarum

 

 

O rexedor de Sober, Luis Fernández Guitián, destaca que “é un orgullo moi grande como alcalde poder presumir un ano máis dos mellores produtos que este mundo nos pode ofrecer: viño, oleiría, música e, sobre todo, do mellor territorio posible e todo grazas a contar como veciños cos mellores homes e mulleres, que se esforzan para recibir durante todo o ano e, de forma especial, a fin de semana de Ramos a milleiros de visitantes”.

 

 

O Concello homenaxeado na feira deste ano foi o de Quiroga, representado polo seu alcalde, Julio Álvarez. Esta tarde aínda se poderán visitar os postos das 23 adegas participantes nesta edición.

O acto do pregón tamén contaba coa presenza do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez; así como do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, que destacaban a importancia deste evento durante 43 edicións para promover a importancia da actividade vitivinícola na Ribeira Sacra e os viños desta denominación de orixe. Ademais, sinalaron que a festa, considerada de Interese Turístico, contribúe á dinamización económica e turística da comarca.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button