No marco do II Foro Cep On Track celebrado no Pazo dos Escudos de Vigo, a Asociación Profesional de Empresas de Medio Ambiente, entregou por segundo ano consecutivo o Premio APROEMA aos Centros Educativos ao Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense polo seu traballo “25 Anos de Ecovigilancia”, recoñecemento así o xigantesco labor ambiental do grupo Ecovixiantes.
O profesor Gonzalo Sánchez, Lalo, recolleu o prestixioso galardón de mans da vicepresidenta da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez Mejuto.
A recollida de cabichas, de pilas usadas, a economía circular, a aprendizaxe e servizo, o coidado do medio ambiente con plantacións de árbores, limpeza de ríos, charlas e concienciación, hábitos de vida saudable, desenvolvemento sostible… fan acredores do galardón a este infatigable grupo.
Fotos cedidas.