SanidadeÚltima hora

Preocupa o incremento na taxa de incidencia de Covid no Barco

O Concello establece un operativo para garantir a seguridade na realización do cribado deste xoves

 

O Barco de Valdeorras ten a día de hoxe 64 casos activos, e, según indica o Sergas, “se ben non supón un alto número de casos, preocupa a suba nas taxas de incidencia acumulada, que se incrementaron significativamente na última semana”, pasando de 216,5 casos por 100.000 habitantes a 469,2.

O aumento de casos é un dos motivos que levou ao Sergas a programar un cribado poboacional na comarca de Valdeorras para esta semana. No caso do Barco está previsto para o xoves 4 de febreiro no pavillón de Calabagueiros e para que as probas se desenvolvan con seguridade, o Concello está a organizar un operativo con efectivos da Policía Local, GES e Protección Civil para que todo transcorra de xeito adecuado e mantendo as medidas de distancia persoal aconselladas.

Para conseguilo, os convocados entrarán ao pavillón pola porta da rúa Calabagueiros, e sairán, tras facer a proba, pola porta da Avda. de Galicia. As colas para a espera situaranse na rúa de entrada, coa adopción de todas as medidas de seguridade necesarias.

Recoméndase non acudir antes da hora da citación, para evitar aglomeracións, e non facer grupos nin a entrada nin a saída do pavillón. No exterior do Pavillón estará a Policía Local, e no interior haberá persoal do propio pavillón, así como do Ges e voluntario  de Protección Civil.

Artigos relacionados

Back to top button