ConcellosÚltima hora

Preocupación do sector empresarial valdeorrés pola onda de roubos en establecementos

Exterior da oficina de AEVA no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) vén de expresar a súa preocupación “pola onda de roubos que se están producindo nas últimas datas na localidade do Barco, e que están xerando inquietude e inseguridade entre o colectivo”, tal e como sinalaba a través dun comunicado emitido esta mañá.

Así mesmo, a asociación indica que “aínda que o resultado dos asaltos a establecementos non teñen graves consecuencias desde o punto de vista da contía económica do material roubado, ocasiona grandes danos nas instalacións, tanto nos escaparates como no interior dos locais. Tamén ocasiona gran intranquilidade entre os titulares dos negocios, polo temor a que se produzan e/ou repitan estes feitos e porque afectan ao desenvolvemento normal da actividade empresarial mentres se procede á reparación dos danos sufridos”.

Desde AEVA aseguran tamén que teñen trasladado “á Policía Local e á Gardia Civil que comerciantes e veciños séntense moi inseguros e que estas circunstancias están a alongarse moito no tempo, solicitando que reforce a presenza policial e que se adopten medidas efectivas que acaben coa inseguridade sufrida na zona”.

Artigos relacionados

Back to top button