ConcellosO BarcoÚltima hora

Preocupación e temor entre a veciñanza tralo roubo nunha vivenda da Urbanización A Cerámica, no Barco

Nesta casa roubaron xoias e unha táblet e tamén entraron na de á beira

Unha entrada á urbanización A Cerámica.

 

Sorpresa, temor, indignación, impotencia… Son algunhas das emocións que sentiron os veciños dunha das vivendas da rúa Vilamartín, na Urbanización A Cerámica (O Barco de Valdeorras), ao chegar a casa e comprobar que lles entraran a roubar, na tarde do mércores 25 de outubro.

“Marchei de casa sobre as seis menos cuarto e cando volvimos, sobre as oito e media, atopámonos coa ventá aberta e todo revolto, caixóns tirados, xoieiros abertos, a roupa polo chan…” conta a propietaria, destacando que para entrar fixeron palanca porque a persiana non estaba baixada de todo e abriron a ventá. “Está claro que ían buscando xoias e cartos porque rebuscaron nos xoieiros e nos bolsos e, finalmene, marcharon con xoias e unha táblet, a chatarra non a levaron non”, di indignada.

 

Outra das entradas da urbanización.

 

Con todo, o peor foi o susto que levaron ao ver que entraran e como o deixaran todo. “Sentimos impotencia porque xa non é o que rouben se non o non saber se hai alguén dentro aínda, tes temo”, di, asegurando que tamén entraron na casa do veciño, e non era a primeira vez. “Na do veciño xa entraran noutra ocasión e na nosa intentárano pero non entraran, ata onte”, recoñece. Tras  descubrir o roubo, avisaron á Garda Civil.

 

Artigos relacionados

Back to top button