EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Preocupación entre os produtores de castaña ante as condicións meteorolóxicas que están botando a perder o froito

 

Preocupación entre os produtores de castaña da provincia de Ourense pola pola elevada porcentaxe de froito que está a botarse a perder e que leva a pensar nunha importante caída da produción nesta campaña. Deste sentir vén de facerse eco Unións Agrarias. “Co outono apenas iniciado os castiñeiros da comarca de Viana están a perder a folla e os ourizos, que se desprenden antes de tempo. É a realidade da que dan parte os produtores de castaña da zona, alarmados ante o resultado dunha campaña que xa prevén desastrosa”, explica María Páez, responsable de Unións Agrarias na comarca de Viana do Bolo.

 

 

“A mudanza climática e as temperaturas, inusuais para esta época do ano, semellan ser a causa que está a facer que, en pleno mes de outubro, os castiñeiros da comarca de Viana estean a perder a folla e, con ela, os ourizos, que se desprenden antes de tempo. É a realidade da que dan parte os produtores de castaña da zona, alarmados ante o resultado dunha campaña que xa prevén desastrosa”, explican dende este sindicato, que ademais insta á Xunta de Galicia “a dar un paso á fronte e a porse do lado do sector produtor de castaña para garantir o futuro desta actividade” e pide que a administración galega “se involucre na procura de solucións que permitan mitigar os efectos da mudanza climática sobre unha actividade complementaria, pero esencial para a economía dos municipios da montaña ourensá, e tamén lucense”, explican dende o sindicato Unións Agrarias.

 

 

A produción de castaña representa, engade este sindicato, “unha inxección imprescindible para as rendas de moitas familias e supón unha importante achega para a dinamización socioeconómica de áreas con posibilidades e cunha oferta laboral limitadas”. Así as cousas, a organización agrogandeira fai un chamamento para que a administración autonómica “actúe ante o evidente declive dunha actividade tradicional que precisa de apoios e medios para manterse a flote”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button