Parada de Sil acollía o pasado sábado tres actividades de signos distinto, pero todas elas na liña de “estimular o turismo en torno á caída da folla no outono contribuíndo así a dar vida ó Concello e os emprendedores do mesmo”, en palabras do seu alcalde, Aquilino Domínguez. Así, despois duns sábados de preparación de disfraces, a ANPA Os Noviños convocaba a nenos e maiores a celebración da Samaín que debido ó mal tempo tivo que celebrarse na nave do concello de catro e media a sete.
Tamén Parada de Sil foi concello madrugador en canto a celebración do magosto en colaboración coa asociación cultural Ouro do Sil, magosto no que participaron moitos veciños e visitantes que poideron degustar unha rica empanada e carne o caldeiro e chourizo con cachelos, bica de Parada de Sil e chocolate ademais das castañas dun municipio con varios veciños rexistrados na IXP (Indicación Xeográfica Protexida) Castaña de Galicia. A celebración contaba co acompañamento musical do dúo Arco Iris que de despois da cea propiciaba un animado baile.
A actividade máis madrugadora foi a XVI edición da Andaina da Castaña para maiores que se celebra a través do PRG 98, Sta. Cristina Canon do Sil e que permite disfrutar nun tramo do espectacular colorido das viñas en bancais e noutro s dous de magníficos soutos con castiñeiros centenarios , na que case 100 persoas maiores participaron e disfrutaron da paisaxe a pesares da mala pinta que tiña o día rematando cun xantar.
En paralalelo 20 cativos tiveron a súa andaina guiada na que a veciña e profesora de maristas Lourdes Parente explica en distintos puntos que era a mallo, como as nosas antepasadas lavaban a roupa no pozo ou o porqué das carriozas en determinados lugares polos que van os cativos xa que a fan a través da ruta de Castiñeiros e Carriozas e “outros elementos etnográficos de interese para conservala memoria que nos permitiu chegar ata aquí e nos permitirá construír un futuro cheo de ilusión
Parada de Sil”, destacan dende o Concello.
Fotos cedidas.