
Tamén no IES Carlos Casares de Viana do Bolo está en marcha o curso 2021/2022, aínda que non será ata mañá cando comecen con normalidade as clases para os alumnos de ESO e FP Básica.
Na mañá deste mércores 15 de setembro, en torno ás 13 horas tiña lugar a presentación para Bacharelato e para o Claustro, tanto do protocolo Covid como do programa escolar.
Neste curso, o instituto vianés conta con 125 alumnos.

Fotos cedidas.