CulturaCulturaÚltima hora

Presentación do libro “Historias do CD Barco”, de Julio Pérez, o 11 de decembro no multiusos da vila

 

Hai anos que Julio Pérez Veiga tiña na cabeza a idea de escribir algo sobre fútbol. E, finalmente, esa inquedanza vén de facerse realidade cun libro adicado ao CD Barco, que sae o prelo xustamente no ano no que cumpre o seu 50 aniversario como entidade deportiva. “Non é a historia deste club como tal porque faltan moitos nomes nela e outras cuestións, para iso tiña que ser un libro máis amplo. Aquí o que recollo son historias vinculadas ao CD Barco”, explica o seu autor, un profesor que chegaba a Valdeorras décadas atrás para exercer a súa profesión e nunca deixaba a comarca, asentándose no Barco.

Neste volume dunhas 180 páxinas, que reúne as voces de numerosas persoas ligadas ao club ao longo da súa traxectoria, Julio Pérez plasma o seu interese pola historia local e tamén a súa paixón polo fútbol. Ademais inclúe sagas familiares ligadas ao CD Barco e mesmo plantexa equipos ideais segundo as tempadas, apoiándose nas indicacións de antigos ex xogadores.

O libro “Historias do CD Barco” presentarase o vindeiro 11 de decembro ás 20:30h. no salón de actos do edificio multiusos barquense. Nesta presentación Julio Pérez Veiga estará acompañado polo historiador e adestrador Joaquín Miranda “Xocas”, polo concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso, e tamén espera contar coa presenza do presidente do CD Barco, Daniel Ramos.

Artigos relacionados

Back to top button