ConcellosÚltima hora

Presentación en Monforte de “Ultreya et Suseya, por el Camino de Inverno”

Será o 15 de novembro ás sete da tarde no Centro do Viño da Ribeira Sacra
Varios exemplares desta novela sobre o Camiño de Inverno./ Foto: A.R.

Tras varias presentacións, unha no Barco e outra en Toledo, a obra “Ultreya et Suseya, por el Camino de Inverno” chega agora ás Terras de Lemos. Para o vindeiro 15 de novembro está previsto un novo acto de presentación deste libro ás sete da tarde no Centro do Viño da Ribeira Sacra en Monforte. Nel contarase coa presenza dos tres autores valdeorreses desta novela: Antonio Castro, David Vázquez e Patricia Fernández.

O propósito desta obra é “poñer en valor e dar a coñecer o Camiño de Inverno, que xurdiu como unha variante ao Camiño Francés para evitar as neves, as riadas ou os problemas que implicaba continuar cara Santiago polo Cebreiro”, en palabras dun dos seus autores, Antonio Castro Voces.

Esta presentación está organizada pola Asociación do Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra, cuxa presidenta, Aida Menéndez, tamen intervirá no acto.

Artigos relacionados

Back to top button