PolíticaÚltima hora

Preséntanse as candidaturas do PP do Carballiño e de Xinzo ás eleccións municipais

Manuel Baltar coa candidatura do PP en Xinzo de Limia.

 

As listas coas que o PP concorrerá ás vindeiras eleccións municipais no Carballiño e en Xinzo de Limia presentábanse este sábado en dous actos celebrados en cada unha destas vilas, que contaban coa asistencia do presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar.

No caso de Xinzo de Limia a lista popular está encabezada por Antonio Fernández, quen destaca a potencia da candidatura, “ampla e plural”, e cunha renovación de máis dun 80% respecto ás eleccións municipais de 2019″. Ademais indica que “este equipo está integrado por persoas cuxo perfil responde a unha ampla representación da sociedade limiá, combinando xuventude e experiencia, e cunha media de idade situado nos 48 anos”.

Pola súa banda o presidente do PP de Ourense indicaba que Antonio Fernández “é unha persoa comprometida co PPdeOU e con Xinzo de Limia. Coñece perfectamente o territorio e é unha persoa traballadora, con bo talante e cunha sobresaínte capacidade para traballar en equipo, como demostra o nivel desta candidatura”. Así mesmo indicaba estas eleccións son a “oportunidade para cambiar o rumbo de Xinzo de Limia. Porque os veciños necesitan un goberno municipal serio e coherente, que devolva a este concello, cheo de potencial e oportunidades, ao camiño do progreso”.

CANDIDATURA DO PP DE XINZO

1.- Antonio Fernández Veiga
Portugalete (Bilbao), 1970
Técnico en explotacións agropecuarias. Capataz agrícola.

2.- Carlos Gómez Salgado
Xinzo de Limia, 1960
Técnico superior en prótese dental.
Deputado do Parlamento de Galicia.

3.- Cristina Campero Dorado
Rairiz de Veiga, 1992
Axente Forestal e Medioambientalda Xunta de Galicia.

4.- Ricardo Sieiro Opazo
Xinzo de Limia, 1968
Licenciado en filoloxía inglesa. Profesor de Idiomas

5.- Otilia Conde García
Xinzo de Limia, 1979
Traballadora en establecemento de hostalería.

6.- Iván Cabrera Trigo
Xinzo de Limia, 1984
Diplomado en Enfermería. Bombeiro do Servicio de extinción de incendios e salvamento.

7.- María José Cuquejo Márquez
Xinzo de Limia, 1973
Xericultora
Traballadora Sociosanitaria

8.- Rosa González Díaz
Xinzo de Limia, 1960
Autónoma. Artesanía de Galicia.

9.- Alicia Feijóo Dacal
Xinzo de Limia, 1997
Estudos de Educación Infantil. Traballadora por conta allea.

10.- Antonio Rodríguez Rodríguez
Licenciado en Económicas e Técnico en Xestión Administrativa
Administrativo

11.- Sabina Árias Corbillon
Xinzo de Limia, 1970. Ama de casa

12.- Beatriz Díz Nóvoa
Xinzo de Limia, 1992
Agricultora.

13.- Jose Antonio Valbuena Iglesias
Ourense, 1960
Funcionario

Suplentes
1.- Alida Santana González
Xinzo de Limia 1981
Técnica en Perruqueria e estética

2.- Josefa Donaire Parada
Xinzo de Limia, 1973
Licenciada en filoloxía inglesa e Diplomada en Maxisterio.

3.- Maria Isabel Colmenero Campos
Traballadora por conta allea

4.- Alejo Marra Parejas
Xinzo de Limia, 1984
Técnico en ebanistería artística. Construtor de instrumentos musicais.

5.- Antonio García Bolaño
Xinzo de Limia, 1965
Operario de servizos varios

6.- Flores Rodríguez Rodríguez
Xinzo de Limia, 1960 Xubilada

7.- Tania Salinas López
Xinzo de Limia, 1987
Traballadora en establecemento de hostalería.

8.- María de los Ángeles López Iglesias
Pensionista

9- José Ángel Vidal Blanco
Xinzo de Limia, 1987
Soldador Mecánico

10.- Francisco Díaz Blanco
Xinzo de Limia, 1953
Xubilado

 

 

O Carballiño

Na presentación da lista popular no Carballiño, cuxo número un é Lino González, Baltar indicaba que “quedan 36 días para as eleccións. Carballiño ten ante si a oportunidade que ofrece o PPdeOU: unha vila moderna e dinámica. Por iso esta presentación é un momento fundamental: porque vai haber un cambio no Concello que revolucionará esta vila”.

Pola súa banda, o candidato á alcaldía aseguraba que “esta candidatura será a que devolva O Carballiño á primeira división das vilas de España. O 28 de maio, O Carballiño ten que escoller o futuro do noso pobo. Con dúas opcións: seguir cun goberno municipal que en realidade é unha comisión de festas ou contar con este equipo de xestión serio e rigoroso, para defender os intereses da vila con lealdade e compromiso”.

 

 

CANDIDATURA DO PP DO CARBALLIÑO

1.- Lino González García
51 anos, vive en Miomás – Sagra
Empregado de banca

2. Diana González Fumega
40 anos, vive en Corzos
Estudos superiores de Infantil, traballadora por cuenta propia

3. José Rafael Castro- Gil Seijas
50 anos vive no Carballiño
Enxeñeiro forestal. Técnico forestal da comarca do Carballiño

4. Elvira Torres
49 anos, vive na rúa Rosalía de Castro
Funcionaria na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

5. Miguel Fernández Castro
60 anos, vive en Mesego
Autónomo, traballa nunha carpintería de aluminio

6. Lorena Castro Reinoso
44 anos, vive na carretera de Ourense
Funcionaria do Sergas

7. Tatiana Rodríguez Fírvida
27 anos, vive no Carballiño
Graduada en Belas Artes.Técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía

8. José Ramón Pinal González
41 anos, vive en Madarnás
Autónomo, traballa de electricista

9. Antonio Taboada
50 anos, vive na rúa Aquilino Sánchez
Técnico especialista en edificacións e obras. GRI Towers

10. Lourdes Pérez Vázquez
43 anos, vive en Trigás. Santa Uxía de Lobás
Licenciada en Dereito. Funcionaria

11. Patricia Fátima Pérez González
22 anos, vive no Carballiño
Estudante de Educación Infantil

12. Maico Arbelt Pérez Peña
29 anos, vive no Carballiño
Empregado de hostalería

13. Francisco Conejo Redondo
77 anos, vive no Carballiño
Perito industrial. Profesor de Educación Secundaria xubilado

14. María Mercedes Amil Otero
64 anos, vive no Carballiño
Licenciada en Socioloxía. Xestora en Operación de Datos. Retevisión Cellnex Telecom

15. Ana Villanueva Domínguez
43 anos, vive no Carballiño
Auxiliar administrativa

16. José Manuel Rodríguez Pajarín
58 anos, vive no Carballiño
Empregado público -chófer-

17. Verónica Lois Canda

36 anos, vive en A Piteira
Dependenta

Suplentes
1 .Víctor Manuel Lutzardo Cosse
47 anos, vive no Carballiño
Soldador empresa de construción

2. Maricarmen Rodríguez Rodríguez
61 anos, vive no Carballiño
Trablladora do Servizo de Axuda a Domicilio

3. José Maria Alonso Rodríguez
50 anos, vive no Carballiño
Funcionario

Artigos relacionados

Back to top button