ConcellosQuirogaÚltima hora

Preséntase en Quiroga a nova tenda de campaña de emerxencias para Protección Civil

 

Na mañá deste venres 26 de febreiro o Concello de Quiroga presentaba, no parque da Constitución, a tenda de campaña de emerxencias, para Protección Civil, que recibiu da Xunta de Galicia. Trátase dunha estrutura lixeira para o transporte e de fácil montaxe e desmontaxe, que conta ademais coa instalación necesaria para colocar focos LED, xunto con catro tomas de corrente.

Este material, de gran utilidade para os numerosos operativos de protección civil foi concedido dende Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, coma un recoñecemento máis ao “imprescindible labor dos voluntarios destas agrupacións complementando aos servizos municipais nos dispositivos para atender aos veciños no día a día nestes meses marcados pola pandemia da covid-19″.

Artigos relacionados

Back to top button